POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 ene. 2016

SECUELAS


En que momento da educación da súa nena empezaran a enganarse, era o escollo máis importante das discusións diarias. Alcanzaban o consenso nos temas máis dispares: vacacións, lugar de celebración navideña, modelo de coche…; pero xamais se poñerían de acordo en tal asunto. El, que a orixe de tódolos males estivo na cesárea programada para que o bebé non sufrise; ela, na obsesión do seu esposo polas audiciones de música clásica durante o embarazo. O único seguro é que a súa filla saíu arrítmica e tatuouse ata as pestanas. Aínda que iso non é o peor: ¡quere irse da casa antes de cumprir os trinta!








(Imaxe procedente de internet)



En qué momento de la educación de su niña habían empezado a equivocarse, era el escollo más importante de las discusiones diarias. Alcanzaban el consenso en los temas más dispares: vacaciones, lugar de celebración navideña, modelo de coche…; pero jamás se pondrían de acuerdo en tal asunto. Él, que el origen de todos los males estuvo en la cesárea programada para que el bebé no sufriera; ella, en la obsesión de su esposo por las audiciones de música clásica durante el embarazo. Lo único seguro es que su hija salió arrítmica y se tatuó hasta las pestañas. Aunque eso no es lo peor: ¡se quiere ir de casa antes de cumplir los treinta! 
                                                                                                                                                                                                                          
 Creado  para REC
                                                                                               
                                                                                    
                                          

No hay comentarios: