POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 ene 2016

ALUCINADO








Era mozo de cidade, pero desde o curso de micoloxía que lle recomendou un amigo, adora o campo, os paseos polo monte, o canto dos paxaros… A súa estación favorita é o outono: o colchón de follaxe, a amanita muscaria, os dous sen roupa…








Era chico de ciudad, pero desde el curso de micología que le recomendó un amigo, adora el campo, los paseos por el monte, el canto de los pájaros… Su estación favorita es el otoño: el colchón de hojarasca, la amanita muscaria, los dos sin ropa…


No hay comentarios: