POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 ene 2016

EMPÍRICA


(Imaxe procedente de internet)


El convencéraa de que os mellores eran os Diesel. Xa se afixera a eles e ás súas poucas revolucións. Ata que viu os Calvin Klein do seu veciño novo no tendal. Non tivo máis remedio que comprobar persoalmente se a marca de calzóns imprimía carácter.





Él la había convencido de que los mejores eran los Diesel. Ya estaba acostumbrada a ellos y a sus pocas revoluciones. Hasta que vio los Calvin Klein de su vecino nuevo en el tendal. No tuvo más remedio que comprobar personalmente si la marca de calzoncillos imprimía carácter.


No hay comentarios: