POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 ene 2016

MALAS INFLUENCIAS


(Imaxe procedente de internet)

En que momento da educación da súa nena empezaran a enganarse, xa era o de menos. Se cadra aquel microcopio de Reis foi o principio da súa perdición. As cousas complicáronse cando se lle meteu na cabeza a teima de investigar. Non deberon consentirllo, ¿pero como ían imaxinar as consecuencias que tería? Agora non valen de nada as lamentacións, deben centrarse en recuperala antes de que sexa demasiado tarde. Desde que lle deron o premio ese, o Nobel ou como se chame, non para na casa dous días seguidos, a saber con que compañías andará...





En qué momento de la educación de su niña habían empezado a equivocarse, ya era lo de menos. Quizás aquel microcopio de Reyes fuera el principio de su perdición. Las cosas se complicaron cuando se le metió en la cabeza la manía de investigar. No debieron consentírselo, ¿pero cómo iban a imaginar las consecuencias que tendría? Ahora no valen de nada las lamentaciones, deben centrarse en recuperarla antes de que sea demasiado tarde. Desde que le dieron el premio ese, el Nobel o como se llame, no para en casa dos días seguidos, a saber con qué compañías andará...


                                                                                                                                                                                          Creado  para REC

No hay comentarios: