POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ene 2016

FALTOULLE LUME / LE FALTÓ FUEGO


(Imaxe procedente de internet)




Primeiro quixo voar, pero seus pais cortáronlle as ás. Apareceu el, e reptou detrás das súas promesas. Cando descubriu que eran falsas, viu con claridade que o seu destino era ser un peixe. E tirouse ao mar.








Primero quiso volar, pero sus padres le cortaron las alas. Apareció él, y reptó detrás de sus promesas. Cuando descubrió que eran falsas, vio con claridad que su destino era ser un pez. Y se arrojó al mar.


No hay comentarios: