POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 ene 2022

PRAGMATISMO BÉLICO


A guerra acabárase, pero eles non o sabían. Seguiron parapetados na trincheira ata nova orde. Así que caeu o último por inanición, cubríronos con terra, aforrando trámites e gastos innecesarios. 


(Imaxe procedente de internet)

La guerra se había acabado, pero ellos no lo sabían. Siguieron parapetados en la trinchera hasta nueva orden. Así que cayó el último por inanición, los cubrieron con tierra, ahorrando trámites y gastos innecesarios.

6 ene 2022

PRESENTE FORZOSO


Á sombra dun carballo coñecido, segura da súa habitual complicidade, dispúxenme a planear o meu futuro. Despois dunhas horas, aínda non superara o día seguinte. Rendida, virei cara ó pasado, un destino moito máis accesible. En escasos minutos, xa chegara á infancia; e adormecín axiña, arrolada por miña nai.

Espertei con varias lambeduras do can e os berros da neta, que me buscaba para xantar. Reprendéronme dabondo, outra vez, por deambular soa e lonxe da casa. Estou afeita.

(Imaxe procedente de internet)



A la sombra de un roble conocido, segura de su habitual complicidad, me dispuse a planear mi futuro. Después de unas horas, todavía no había superado el día siguiente. Rendida, giré hacia el pasado, un destino mucho más accesible. En escasos minutos, ya había llegado a la infancia; y me adormilé enseguida, acunada por mi madre.

Desperté con varios lametones del perro y los gritos de la nieta, que me buscaba para almorzar. Recibí una buena reprimenda, otra vez, por deambular sola y lejos de casa. Estoy acostumbrada.