POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 nov 2020

DE CARA A CARETA

 

Os nosos deseñadores están a traballar sen descanso para que as pezas, tan demandadas, estean dispoñibles canto antes nas novas boutiques: en varios talles, adaptadas ás distintas idades e proporcións dos clientes; en algodón, liño ou materiais innovadores; engurradas ou con pregos; con gomas elásticas ou cintas de raso; estampadas, a cadros, transparentes... 

Zara lévanos vantaxe pola súa indiscutible loxística, pero os artigos exclusivos que nós ofrecemos, a calidade das súas materias primas de estrita procedencia nacional, a pulcritude na confección e un potencial mercado, en clara expansión, farán deste negocio un éxito. Sen dúbida, foi unha idea brillante reconverter as clínicas de estética facial en tendas de máscaras luxosas. 

(Imaxe procedente de internet)

Nuestros diseñadores están trabajando sin descanso para que las prendas, tan demandadas, estén disponibles cuanto antes en las nuevas boutiques: en varias tallas, adaptadas a las distintas edades y proporciones de los clientes; en algodón, lino o materiales innovadores; fruncidas o con pliegues; con gomas elásticas o cintas de raso; estampadas, a cuadros, transparentes...

Zara nos lleva ventaja por su indiscutible logística, pero los artículos exclusivos que nosotros ofrecemos, la calidad de sus materias primas de estricta procedencia nacional, la pulcritud en la confección y un potencial mercado, en clara expansión, harán de este negocio un éxito. Sin duda, ha sido una idea brillante reconvertir las clínicas de estética facial en tiendas de mascarillas lujosas.

15 nov 2020

REPOBOAMENTO EXÓTICO / REPOBLACIÓN EXÓTICA


Non sabemos como chegou. Cando o descubrimos, a súa presenza abraiounos. Tamén nos sorprendeu que, podendo instalarse en calquera das casas abandonadas da aldea, ocupase o muíño vello, húmido e inhóspito. Os primeiros días, vixiámolo desde lonxe, con bastante receo. Decontado vimos que era inofensivo e fómonos achegando. Aínda que non fala coma nós, é tan listo que nos entendeu perfectamente. Aceptou un trato: el bota a andar o rodicio outra vez e os veciños levámoslle canto precise. Roupa, non quixo; disque prefería seguir espido. Rosa, viúva, moderna e a máis estudada do lugar, encargouse de atendelo. Ademais, propoñeralle ó alcalde organizar visitas guiadas polo muíño, cando estea rehabilitado. Con semellante muiñeiro, será un éxito. Sairemos na televisión. 

Hai unhas semanas, Rosa empezou a engordar, malia o camiño peado que percorre diariamente ata o regueiro, co pretexto de supervisar a reconstrución. Algúns malpensados acusárona de papar as viandas que lle damos para o forasteiro, pero axiña se descubriu a causa da inchazón. Estamos todos ilusionados co futuro nacemento, o primeiro desde hai anos; e moi intrigados por ver a quen sae a criatura: robusta e roxa coma súa nai, ou miúda, verde e con antenas igual có pai. 


(Imaxe procedente de internet)


No sabemos cómo llegó. Cuando lo descubrimos, su presencia nos dejó impresionados. También nos sorprendió que, pudiendo instalarse en cualquiera de las casas abandonadas de la aldea, ocupara el molino viejo, húmedo e inhóspito. Los primeros días, lo vigilamos desde lejos, con bastante recelo. Enseguida vimos que era inofensivo y nos fuimos acercando. Aunque no habla como nosotros, es tan listo que nos entiende perfectamente. Aceptó un trato: él echa a andar el rodezno otra vez y los vecinos le llevamos cuanto precise. Ropa, no quiso; por lo visto, prefería seguir desnudo. Rosa, viuda, moderna y la más instruida del lugar, se ha encargado de atenderlo. Además, le propondrá al alcalde organizar visitas guiadas por el molino, cuando esté rehabilitado. Con semejante molinero, será un éxito. Saldremos en televisión. 

Hace unas semanas, Rosa empezó a engordar, a pesar del camino empinado que recorre diariamente hasta el riachuelo, con el pretexto de supervisar la reconstrucción. Algunos malpensados la acusaron de zampar las viandas que le damos para el forastero, pero enseguida se ha descubierto la causa de la hinchazón. Estamos todos ilusionados con el futuro nacimiento, el primero desde hace años; y muy intrigados por ver los parecidos de la criatura: fuerte y rubia como su madre, o menuda, verde y con antenas igual que el padre.