POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 may 2023

RECURSOS TEÑO / RECURSOS TENGO

 

Non me arrastra a necesidade de coñecer mundos exóticos, a emoción aventureira ou a ansia obsesiva por desconectar da rutina; nin sequera me ilusiona a envexa que lles produza ós veciños. Rotundamente, odio viaxar. Semanas antes, o meu sobrepeso increméntase sen control posible, debido ó estrés que os preparativos ocasionan. Só unha cousa satisfactoria atopo ó ausentarme: volver.

Ata o de agora, funme escapulindo sempre que puiden: os nenos pequenos, o marido enfermo, a estreiteza económica… Pero desde que vivo soa e as ofertas do Inserso son tentadoras, non consigo zafarme do acoso social e familiar, tanto que me vin obrigada a engraxar as neuronas para idear un plan.

No faiado, teño sempre disposta unha maleta chea de farrapos. Dous ou tres veces ó ano, navego por internet (os cursos de informática deron os seus froitos) e adquiro todo o necesario: información turística, fotografías e souvenirs. Deseguido comunico ós fillos que marcho, pero péchome na casa. Días despois, avísoos para que  me vaian recoller a calquera estación ou aeroporto, onde, previamente, cheguei en taxi desde o meu domicilio, sempre de noite. Reparto tantos bicos como agasallos e… ata a próxima.

 

 

Imaxe procedente de internet

No me arrastra la necesidad de conocer mundos exóticos, la emoción aventurera o el ansia obsesiva por desconectar de la rutina; ni siquiera me ilusiona la envidia que les produzca a los vecinos. Rotundamente, odio viajar. Semanas antes, mi sobrepeso se incrementa sin control posible, debido al estrés que los preparativos ocasionan. Solo una cosa satisfactoria hallo al ausentarme: volver.

Hasta ahora, me fui escabullendo siempre que pude: los niños pequeños, el marido enfermo, la estrechez económica… Pero desde que vivo sola y las ofertas del Imserso son tentadoras, no consigo zafarme del acoso social y familiar, tanto que me he visto obligada a engrasar las neuronas para idear un plan.

En el trastero, tengo siempre dispuesta una maleta llena de harapos. Dos o tres veces al año, navego por internet (los cursillos de informática dieron sus frutos) y adquiero todo lo necesario: información turística, fotografías y souvenirs. Luego comunico a los hijos que marcho, pero me encierro en casa a cal y canto. Días después, los aviso para que  vayan a recogerme a cualquier estación o aeropuerto, a donde, previamente, he llegado en taxi desde mi domicilio, siempre de noche. Reparto tantos besos como regalos y… hasta la próxima.