POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 abr 2024

A GALOPE

 

Alcanzou o futuro derriba do cabalo máis veloz. Fuxía do pasado. Tan rápido foi, que atravesou o presente sen darse conta. Arrepentido, non fai máis ca dar pasos cara atrás en busca do agora perdido.


Imaxe procedente de internet

Alcanzó el futuro a lomos del caballo más veloz. Escapaba del pasado. Tan rápido fue, que atravesó el presente sin darse cuenta. Arrepentido, no hace más que dar pasos hacia atrás en busca del ahora perdido.



8 mar 2024

MEDIDAS DRÁSTICAS

 

Imaxe procedente de internet

Implantoulle un microchip para tela controlada en todo momento. Só regresaba á casa se recibía  no seu receptor as coordenadas dos fogóns. Cando ela descubriu a estrataxema, decidiu non volver entrar na cociña: prefire morrer de fame ca de noxo.

 


Le implantó un microchip para tenerla controlada en todo momento. Solo regresaba a casa si recibía  en su receptor las coordenadas de los fogones. Cuando ella descubrió la estratagema, decidió no volver a entrar en la cocina: prefiere morir de hambre que de asco.


29 ene 2024

O PENAS / EL PENAS

 

Román Pena Ríos é triste de nacemento. A súa nai xura que, en vez de patadas, daba suspiros; que saíu cos olliños inchados de tanto chorar dentro do útero. Desde a época escolar, soporta con resignación o alcume correspondente, resultado obvio ó  sumar apelido paterno máis aspecto aflixido. Felizmente, pronto saca rendemento á desgraza conxénita e ó alcuño adquirido, transformando este en pseudónimo literario: sen ilusión por xogar ou divertirse, a forza de ler, convértese no escritor novel mellor valorado polos editores. Os seus textos abarcan todos os xéneros, desde poesía sentimental ata traxedia, sempre coa amargura de materia prima. Pero certa mañá marzal do 2020, sen vir a conto, levántase cantaruxando unha melodía alegre. A partir de entón, non deixa de cantar e sorrir; apenas logra descansar tres ou catro horas diarias. Como está irrecoñecible debido á transfiguración sufrida, xa ninguén o alcuma. O grave é que non consegue escribir nin unha liña. Aburado polas presións editoriais, busca axuda terapéutica. O psiquiatra dálle esperanzas de melloría porque observa en Román unha nostalxia incipiente cara á súa antiga tristeza. Para conseguir a recuperación total, deberán reforzar ese sentimento.

Imaxe procedente de internet
 


Román Pena Ríos es triste de nacimiento. Su madre jura que, en vez de patadas, daba suspiros; que salió con los ojitos hinchados de tanto llorar dentro del útero. Desde la época escolar, sobrelleva con resignación el mote correspondiente, resultado obvio al sumar apellido paterno más aspecto afligido. Felizmente, pronto saca rendimiento a la desgracia congénita y al apodo adquirido, transformando este en seudónimo literario: sin ilusión por jugar o divertirse, a fuerza de leer, se convierte en el escritor novel mejor valorado por los editores. Sus textos abarcan todos los géneros, desde poesía sentimental hasta tragedia, siempre con la amargura de materia prima. Pero cierta mañana marzal del 2020, sin venir a cuento, se levanta tarareando una melodía alegre. A partir de entonces, no deja de cantar y sonreír; apenas logra descansar tres o cuatro horas diarias. Como está irreconocible debido a la transfiguración sufrida, ya nadie lo moteja. Lo grave es que no consigue escribir ni una línea. Acuciado por las presiones editoriales, busca ayuda terapéutica. El psiquiatra le da esperanzas de mejoría porque observa en Román una nostalgia incipiente hacia su antigua tristeza. Para conseguir la recuperación total, deberán reforzar ese sentimiento.