POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 ene 2023

EDITIÑO 13

 

A pena volveuse crónica

pingando sen parar

sempre polo mesmo sitio.

Pero agora só supura

letras rancias.

Non saen as palabras.

(Imaxe procedente de internet)



La pena se volvió crónica

brotando sin parar

siempre por el mismo sitio.

Pero ya solo supura

letras rancias.

No salen las palabras.



1 ene 2023

DESFEITA /DESASTRE

  

(Imaxe procedente de internet)

Miro o belén

con figuriñas rotas.

Despois suspiro.




Miro el belén

con figuritas rotas.

Después suspiro.