POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 feb 2022

NON É CONTO / NO ES CUENTO

 

Xa plantara varias árbores e tiña catro fillos, pero unha enfermidade terminal impedíalle cumprir a terceira condición para estar tranquilo. A súa muller de boa gana o axudaría, mais era imposible porque fora pouco á escola. Como lle doía velo sufrir, buscou unha solución: levoulle o libro de familia ao hospital e convenceuno de que non podería escribir outro mellor ca ese. El apertouno contra o peito, sorriu e deixouse ir.


A viúva durou anos dabondo para contarnos esta historia aos bisnetos moitas veces. Nós rimos; ela enfádase. E disque non pensa morrer ata que a tomemos en serio.

(Imaxe procedente de internet)

Ya había plantado varios árboles y tenía cuatro hijos, pero una enfermedad terminal le impedía cumplir la tercera condición para estar tranquilo. Su mujer lo ayudaría encantada, mas era imposible porque había asistido poco a la escuela. Como le dolía verlo sufrir, buscó una solución: le llevó el libro de familia al hospital y lo convenció de que no podría escribir otro mejor que ese. Él lo apretó contra el pecho, sonrió y se dejó ir.


La viuda duró años suficientes para contarnos esta historia a los bisnietos muchas veces. Nosotros reímos; ella se enfada. Y por lo visto no piensa morir hasta que la tomemos en serio.