POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 abr 2024

A GALOPE

 

Alcanzou o futuro derriba do cabalo máis veloz. Fuxía do pasado. Tan rápido foi, que atravesou o presente sen darse conta. Arrepentido, non fai máis ca dar pasos cara atrás en busca do agora perdido.


Imaxe procedente de internet

Alcanzó el futuro a lomos del caballo más veloz. Escapaba del pasado. Tan rápido fue, que atravesó el presente sin darse cuenta. Arrepentido, no hace más que dar pasos hacia atrás en busca del ahora perdido.