POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 jun 2023

IRRECOÑECIBLE / IRRECONOCIBLE


Precisaba afastarse do último desastre electoral e do acoso mediático. Aproveitou o tráfico da primeira ponte festiva para camuflarse nun vehículo alugado. Fuxía a ningures perseguindo o amparo do anonimato.

Esta vez, tivo sorte: o accidente foi tan brutal que non houbo maneira de identificalo.

 

Imaxe procedente de internet

Necesitaba alejarse del último batacazo electoral y el acoso mediático. Aprovechó el tráfico del primer puente festivo para camuflarse en un vehículo alquilado. Huía a ninguna parte persiguiendo el amparo del anonimato.

Esta vez, tuvo suerte: el accidente fue tan brutal que no hubo manera de identificarlo.


17 jun 2023

EDITIÑO 14


           Non terá que baixar Deus         

   a borrarnos do mapa,  

nin subirá Satanás

  armado de tirria e lume.

Non. Un virus

  ha de ser suficiente.



Imaxe procedente de internet

No tendrá que bajar Dios                      

a borrarnos del mapa,

ni subirá Satanás 

armado de tirria y fuego.

No. Un virus

ha de ser suficiente.




14 jun 2023

LÚCIDO

 

Imaxe procedente de internet


Cada vez que se acende unha luz no seu cerebro, as sombras atorméntano. Por iso decidiu apagarse para sempre.

 



Cada vez que se enciende una luz en su cerebro, las sombras lo atormentan. Por eso ha decidido apagarse para siempre.

 

11 jun 2023

MIRÓN / VOYERISTA

 

A calor de agosto aliouse coas sufocacións menopáusicas para facerlle a vida imposible. Pasa as noites deambulando pola súa casa en busca do recuncho máis fresco; poucas veces logra durmir antes do albor. A falta de descanso agreoulle tanto o carácter que a veciñanza apenas a saúda. 

Pero atopou solución: á hora da sesta, segura de que ninguén se decata, baixa ata a beira do río. Alí, case espida e tombada á sombra, consegue unhas felices horas de sono profundo.

Está satisfeita porque só pasaron catro días e o veciño da porta xa lle sorrí.

 


El calor de agosto se alió con los sofocos menopáusicos para hacerle la vida imposible. Pasa las noches deambulando por su casa en busca del rincón más fresco; pocas veces logra dormir antes del alba. La falta de descanso le agrió tanto el carácter que el vecindario apenas la saluda. 

Pero ha encontrado solución: a la hora de la siesta, segura de que nadie se entera, baja hasta la orilla del río. Allí, casi desnuda y tumbada a la sombra, consigue unas felices horas de sueño profundo.

Está satisfecha porque solo han pasado cuatro días y el vecino de al lado ya le sonríe.



4 jun 2023

REALITY

 

Imaxe procedente de internet

Perde dous puntos de audiencia. Deberán matar máis concursantes.

  


Pierde dos puntos de audiencia. Deberán matar más concursantes.