POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 dic 2015

SIMBIOSE / SIMBIOSIS







Primeiro impediullo a familia; despois os compañeiros de piso. Non tivo máis remedio que alugar unha casoupa no campo para poder cumprir o seu soño: ter mascota. Decontado o destino deixou á súa porta dous gatiños abandonados que lle espertaron o instinto paternal, tanto que chegou a desatender obrigas laborais e sociais por sacalos adiante. Ofreceulles todo o seu tempo, os seus escasos recursos, a súa cama... Medraron felices ignorando a propia condición felina. Así que, humanizados polo amor e os coidados recibidos, cando perciben que papá home pasa fame, comparten con el o seu penso gourmet.




Primero se lo impidió la familia; después los compañeros de piso. No tuvo más remedio que alquilar una infravivienda en el campo para poder cumplir su sueño: tener mascota. Enseguida el destino dejó a su puerta dos gatitos abandonados que le despertaron el instinto paternal, tanto que llegó a desatender obligaciones laborales y sociales por sacarlos adelante. Les ofreció todo su tiempo, sus escasos recursos, su cama… Crecieron felices ignorando la propia condición felina. Así que, humanizados por el amor y los cuidados recibidos, cuando perciben que papá hombre pasa hambre, comparten con él su pienso gourmet.


No hay comentarios: