POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 dic 2015

NIN DE LONXE / NI DE LEJOS



Tentei agasallar ó sol
con versos de luz tinguidos.
Non puiden nin achegarme
co resplandor.

Rubín con garras e soños
para miralo de fronte.
Sempre se achaba máis alto,
fútil denodo.

Conxuguei palabras finas
que impresionasen ó verbo.
O presente espetou cruel:
¡cala e camiña!

Xa cos pés postos na terra
asumo con humildade
que moi lonxe estou de ser
unha Heredera.




Quise agasajar al sol
con versos de luz teñidos.
No pude ni aproximarme,
me deslumbró.

Trepé con garras y sueños
para mirarlo a la cara.
Siempre se hallaba más alto,
fútil intento.

Conjugué palabras finas
que impresionaran al verbo.
El presente espetó cruel:
¡calla y camina!


Ya con los pies en la tierra
asumo con humildad
que lejos estoy de ser
una Heredera.

No hay comentarios: