POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 nov. 2011

DIRECCIÓN EQUIVOCADA



(Imaxe baixada de internet)

De tanto mirar cara ó ceo, deixou de ver.




De tanto mirar al cielo, dejó de ver.

5 comentarios:

suaseiras dijo...

Claro!!!!!

Eutimos dijo...

No se puede mirar tanto a lo infinito.

Madoé dijo...

¿Claro? ¿Seguro? Pois eu pensaba que non se ía ver tan calro... :-)

Si, mirando tan alto ou tan lonxe, pódese perder a perspectiva da realidade próxima.

nandina dijo...

...Que deixas de ver claro!! que non enfocas!! que ves borroso!! que non ves nítido!! que non o ves...

Madoé dijo...

¿Que deixas de ver claro, ou ¡claro!, deixas de ver..., como di Suaseiras :-)