POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 nov. 2011

EDITIÑO 3



Atopei triste cansazo
EQUILIBRIO INESTABLE, de Alejandro Turdó (Internet)
buscando inspiración.
Sofre equilibrio inestable
a balanza creativa.
Gañará
a inclinación ó silencio.



Encontré triste cansancio
buscando inspiración.
Sufre equilibrio inestable
la balanza creativa.
Ganará
la inclinación al silencio.

7 comentarios:

Rascacheira dijo...

Non sera´unha premonición... non?

Madoé dijo...

Non, non, que va... Feitos consumados nada máis. :-)

Eutimos dijo...

En silencio se escucha mejor la voz de la musa.

Madoé dijo...

¡Boa observación! Claro que para iso hai que ter fe e crer nas musas...

suaseiras dijo...

Será que ás musas nestes tempos tamen escasean...,jajaja.

Os EDITIÑOS, son unha saga?

Madoé dijo...

Estamos en crise...

¿Unha saga? Non sei...Os editiños son un invento, unha ousadía, unha parvada, seguramente. Fágoos para favorecerlles o traballo ós que teñan que facer os panfletos cando me dediquen o Día das Letras Galegas. :-)

suaseiras dijo...

Ahhhh!