POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 nov. 2011

ARAÑEIRA / TELARAÑA



(Imaxe baixada de internet)

A araña espera.
Unha mosca agoniza
entre os seus fíos.



La araña espera.
Una mosca agoniza 
entre sus hilos.

17 comentarios:

Eutimos dijo...

Es una de mi peores pesadillas.

Madoé dijo...

¿"Pesadilla" real, de soñar, ou en sentido figurado, de fobia?

Eutimos dijo...

Menos mal que no he llegado a soñarlo de verdad porque me da un infarto. Es una fobia como bien dices, que si me la represento me pone los vellos de punta. Según los psicoanalistas es la imago de la madre devoradora.

Madoé dijo...

¡Canto se aprende nos blogs! :-)
¿Refíreste á clásica fobia ás arañas ou ó feito da araña devorando unha mosca?

suaseiras dijo...

Sabes que é moi complicado sacar fotos a unha arañeira?
Intenteino varias veces, a primeira hora da mañá, con resío por riba e non dei conseguido unha foto decente.
Son obras de arte, e según os especialista, o seo fío é o mais resistente do planeta, que se sepa.

Madoé dijo...

Anda, pois non reparara no da fotografía... Xa me entrou gana de probar.
O da dureza do fío de araña si que me soaba. Eu úsoo para asegurar as ventás da casa e non hai ladrón que dea entrado. :-)

Eutimos dijo...

La madre araña es aquella que mantiene a su hijo (suele ser único) trabado en su resistente red de hilos (aparentemente) de amor, hasta que acaba por devorarlo simbólicamente incorporándolo para sí misma. ¿No os parece suficientemente fóbico?

Madoé dijo...

¡E tanto!

suaseiras dijo...

Uff, si que da medo, versionado así.

Madoé dijo...

Creo que non o debería dicir eu, pero como ninguén se vai decatar... :-)
Este non é un haiku á galega, fíxeno con premeditación e alevosía para que saíse un hiku de verdade. Outra cousa é que o conseguira...

Rascacheira dijo...

Comentei pero non sei a onde foi o meu comentario...

Madoé dijo...

Enredaríase na arañeira, aquí non chegóu.

Rascacheira dijo...

Pois repito: arañas, serpes, ratos... producen sempre un mesmo tipo de comentarios... Nunca pensastes o porqué?

Madoé dijo...

Si, por pensar non queda... Pero non cheguei a ningunha conclusión fiable. A min só se me ocorre que poida ter algo que ver coa forma de desprazarse, silenciosa, sixilosa, sen avisar, que crea inseguridade, falta de control; e tamén o voraces que son, cada un á súa maneira. ¿Eutimos, ti que dis?

Eutimos dijo...

Precisamente es esa forma de control tan solapado lo que resulta más amenazador por no poder afrontarlo abiertamente.

suaseiras dijo...

Moi interesante...Entendiches Madoé?

Madoé dijo...

Si, supoño que si... Pero que conste que eu son máis serpe ca araña, eh. :-)