POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 nov 2011

INDIFERENZA CRÓNICA / INDIFERENCIA CRÓNICA

(Imaxe baixada de internet)




Ademais das mesas de madeira nobre, había un piano e un home. O pianista formaba parte do mobiliario. Tivo que morrer para dar fe da súa existencia. E só unhas vellas teclas botaron en falta as súas caricias.




Además de las mesas de madera noble, había un piano y un hombre. El pianista formaba parte del mobiliario. Tuvo que morirse para dar fe de su existencia. Y sólo unas viejas teclas echaron en falta sus caricias.

6 comentarios:

Rascacheira dijo...

"Tócala otra vez, Sam!"

Edita Nogueira Tallón dijo...

Me lo explique...

Rascacheira dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=sjCexDA-l9A

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿E iso que é...? :-)
Vale, enterada: CASABLANCA.

Eutimos dijo...

¡Qué descorazonador!

Rascacheira dijo...

Pois si... o relatiño é negro como o piano! Pero eu estou segura de que, ademais das teclas, habería unha man amiga por aí...