POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 nov. 2011

TOLEADA SABOROSA / LOCURA SABROSA



Tolos no monte.
Cogomelos ó cesto.
Despois, lupanda.




Locos al monte. 
Setas llenando cestos.
Después, festín.

9 comentarios:

Madoé dijo...

Para Suaseiras e compañía.

Rascacheira dijo...

Boletus?
Teus?

Madoé dijo...

Si, boletus. ¿Meus? Quen me dera!!! Son de Suaseiras que se quixo vingar por outras fotiños que lle enviei. :-)

Eutimos dijo...

¡Cuidado con las intoxicaciones!

Madoé dijo...

Tranquila. Ademais de anos e prudencia, temos a ignorancia xusta para non arriscarnos. :-)

rascacheira dijo...

Quero ler un texto dedicado á preciosa amanita!

Madoé dijo...

Pois todo pode ser, a ver se sae algo... De momento, estou tan emocionada coa cantidade delas que levo visto este ano, que non vou ter cabeza para escribir. A ver...

Madoé dijo...

Como tantas veces, "leváchesme ó horto",Rascacheira. Aínda que desta vez sería mellor dicir que me levaches ó monte. :-) Xa está a entrada da amanita muscaria no taller. Terá que agardar uns días, hai outra esperando turno, pero axiña a veredes.

suaseiras dijo...

Jajajaja...Mola!!