POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 nov. 2011

SARABIADA / GRANIZADA

(Imaxe baixada de internet)

A nube negra
dispara pedras brancas:
vinganza pura.




La nube negra
dispara piedras blancas:
venganza pura.






(Imaxe baixada de internet)
A nube rompe
en pedras de cristal:
xeo que abrasa.




La nube rompe 
en piedras de cristal:
hielo que abrasa.


5 comentarios:

Rascacheira dijo...

Que bonitas antíteses en tan poucas palabras! Xa sabes o que eu penso: que es a raíña da síntese.

Madoé dijo...

E ti, a raíña dos piropos. Que nunca o vicio perdas. :-)

Eutimos dijo...

Suscribo lo las antítesis, muy logradas.

suaseiras dijo...

Venganza pura e fría!!

Madoé dijo...

Aí falaches! Sobrábanme as palabras, tiña varias opcións e non sabía cal elexir: venganza pura, fría, inútil...;