POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 nov. 2011

PASEO CARA Ó OUTRO MUNDO / PASEO HACIA EL MÁS ALLÁ

(Imaxe baixada de internet)
Cunha man agarran cadanseu caxato. Coa outra, apóianse un no outro. Coa ansia de seguir xuntos, adhírense á vida, que intenta despegalos a forza de golpes. Cando o primeiro se solte, o segundo caerá. E mentres agardan, camiñan, lentamente camiñan.


Con una mano, se agarran a sus respectivos bastones. Con la otra, se apoyan entre sí. Con el ansia de seguir juntos, se adhieren a la vida, que intenta despegarlos a fuerza de golpes. Cuando el primero se suelte, el segundo caerá. Y mientras esperan, caminan, lentamente caminan.

(Relato seleccionado para formar parte do libriño titulado BOCADOS SABROSOS, resultado do I Concurso de Microrrelatos ACEN)

7 comentarios:

Rascacheira dijo...

Sóame... Conta, conta, conta que por este che deron un PREMIO! Hala!

Madoé dijo...

¡Pero se xa está posto no fondo da entrada! Non me les... :-) Bueno, premio, premio..., non. Pero como se fose.

suaseiras dijo...

BOCADOS SABROSOS, NORABOA!!

Madoé dijo...

Grazas. Non digo máis porque teño a boca chea e é de mala educación falar mentres se come. :-)

suaseiras dijo...

Chea de que? de macrolepiotas?

Madoé dijo...

Ja ja ja. Chea de BOCADOS SABROSOS, de macrolepiotas, por exemplo, si...

Eutimos dijo...

Es hermoso llegar al final de la vida apoyándose en el compañero/a. Y es natural emprender juntos el camino al otro mundo.