POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 nov 2011

¡ÁNIMO!

Un  aire cálido tróuxote a min.
Sería o levante ou que sei eu.
E abrinche a porta de par en par
con abrazos mancos, de corazón.
E fuches entrando, pouquiño a pouco,
ocupando espazos por habitar,
coa túa presenza alá na distancia,
con verbo amable e profesional.
E chegou o outono sen compaixón
xeando o vento que corta a alma.
¡Unamos forzas con esperanza,
cerremos portas a cal e pedra,
que o frío inverno pase de largo,
que brote o campo, que luza o sol!


BOSQUE EN PRIMAVERA, de Carmen López. (Interenet)

Un aire cálido te trajo a mí.
Sería el levante o qué sé yo.
Y abrí mi puerta de par en par.
Te abracé sin manos, de corazón.
Y fuiste entrando, poquito a poco,
ocupando espacios por habitar,
con tu presencia en la lejanía,
con verbo amable y profesional.
Y llegó el otoño sin compasión
helando el viento que corta el alma.
¡Unamos fuerzas con esperanza,
cerremos puertas a cal y canto,
que el frío invierno pase de largo,
que brote el campo, que luzca el sol!

10 comentarios:

Edita Nogueira Tallón dijo...

Para Eutimos. Desde o afecto e a humildade.

Eutimos dijo...

Para mi el otoño siempre ha sido triste y aún queda mucho tiempo para la primavera. Gracias por tu amistad y tu cariño.

nandina dijo...

Bosque en el alma...
preciosa pintura.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Sabes quen é a artista?

Rascacheira dijo...

A min encántame a esperanza que transmite. Que así sexa!

suaseiras dijo...

Eu si sei quen é a artista, entroume a curiosidade..., tes cousas ben chulas Carmen, os meos parabés.

Eutimos dijo...

Gracias Nandina, por tu comentario. Y gracias a Madoe por poner mis dibujos en su blog.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que dis! Máis ben tería que darche as grazas eu a ti por deixarme "roubarche" os cadros para decorar o meu blog.

eutimos dijo...

Ya ves que adelanto la primavera con mi dibujo de esta semana y que he comprendido tu comentario. Confió en que se hará plenamente realidad.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡¡¡Que ben!!!