POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 mar. 2011

INUNDACIÓN

(Rio Ulla)
Cubrindo campos
un mar de chocolate:
o río fóra.



Non recoñezo
o meu río de sempre.
Fíxose malo.
Goza afogando leiras
convertido en xigante.


  
Cubriendo campos
un mar de chocolate:
el río crece.
No reconozco
a mi río de siempre.
Hace de malo.
Goza ahogando fincas
convertido en gigante.
 

4 comentarios:

suaseiras dijo...

Non o culpes...non pode con tanto.

Madoé dijo...

Probiño...

Rascacheira dijo...

Si, el só recolle o que lle botan!

Madoé dijo...

Pois si, aínda ides ter razón... Eu falaba só por falar..., que teño debilidade polo río, especialmente polo Ulla, con máis auga ou con menos.