POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 mar 2011

IMPOTENCIA



(Imaxe baixada de internet)



Como non a deixaban vivir, decidiu morrer.
E tampouco a deixaron.






Como no la dejaban vivir, decidió morirse.
Y tampoco la dejaron.

6 comentarios:

suaseiras dijo...

E daquela que??

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ahhhh? Esta é unha desas novelas sen final definido para que o lector escolla o que queira...

carnota dijo...

¿Como que non a deixaban vivir? Seguro, seguro, que ela mesma era a que poñía todos os impedimentos posibles. Que non lle bote a culpa aos demais.
Unha mágoa que cando un toma unha decisión libre, os benefactores a entorpezan. ¿Ou non? Depende de se a decisión era segura, segura...

Edita Nogueira Tallón dijo...

A saber...

Rascacheira dijo...

Estou totalmente de acordo con Carnota.

suaseiras dijo...

Non sempre se pode tomar unha decisión libre...ollo!!
...Ás veces nin se pode tomar decisións.-