POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 mar. 2011

ESCOLA DE CORES

A escola era triste.
Os libros, en branco e negro.
As pizarras, negras.
A roupa da mestra, negra.
A fame, negra.
(Imaxe baixada de internet)

 Agora a escola brilla.
De América chegou o Sol
e de África, a calor.
Asia está tamén aquí.
¡A escola ten color!

Caras novas, novas linguas,
nenos novos, pero iguais.
Iguais porque xogamos xuntos.
Iguais porque sentimos todos.
Iguais porque nos une a risa.


La escuela era tirste.
Los libros, en blanco y negro.
Las pizarras, negras.
La ropa del maestro, negra.
El hambre, negra.
Ahora la escuela brilla.
De América, llegó el Sol
y de África, el calor.
Asia está también aquí.
¡La escuela es multicolor!

Caras nuevas, nuevas lenguas,
niños nuevos, pero iguales.
Iguales porque jugamos juntos.
Iguales porque sentimos todos,
porque son iguales nuestras risas.

3 comentarios:

Rascacheira dijo...

Non sei cal é o cole da Coruña que recibe o alcume de "A ONU", pero si que é verdade que como cambiaron as cousas e mal que lles pese a algúns o multiculturalismo está aí e hai que vivir con el. Teremos que aprender a respectarnos porque aínda estamos moi moi moi verdes niso. Non vos parece?

Madoé dijo...

Estamos moi verdes en tantas cousas...

suaseiras dijo...

As teorías son moi teóricas todas elas, polo tanto, temos que desaprender e aprender de novo con toda esta xente.
Saquemos do multiculturalismo un partidazo!!
Hala...que van sendo horas-