POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 mar. 2011

CAMELIAS

                                                
                                     
  Como unha geisha
  de porcelana fina,
  tentas, camelia.         



 Nunha camelia,
Oriente. E Galicia
    en todas elas. 




Como una geisha
de porcelana fina,
tientas, camelia. 
                       
  
En una camelia,
Oriente. Galicia
en todas ellas.


10 comentarios:

carnota dijo...

Estas caleliñas son da Coruña ou de Pontevedra?

Madoé dijo...

Jajajaja. Da coruña.

Rascacheira dijo...

Son preciosas! Aínda que a min non sei se me ghustan máis as brancas... (?). Coas geishas identifico máis esa cor e coa porcelana tamén.

Madoé dijo...

Totalmente de acordo, pero puxen esas porque no meu xardín a única geisha branca que hai son eu e pilloume un pouco murcha...

A ver, Carnota, fai algo, mándame unha foto chula dunha camelia branca de Pontevedra e póñoa.

suaseiras dijo...

Quero estos haikus á galega...QUEEEEERO!!

Madoé dijo...

A ver se vai ser polo tamaño...Canta menos ración, máis fácil dixestión.
Ou tamén como din alí: "A boa esencia gárdase en frascos pequenos" :-)

suaseiras dijo...

Igual si.
Pero é que son tan contundentes...que me teñen totalmente gañada.

Madoé dijo...

Pois non te das idea do que me alegra iso. E outra vez máis, teño que agradecer á culpable que me embarcou nestes seudohaikus, tankas e compañía..., erre que erre...

Madoé dijo...

Esta é a proba do algodón: a ver canto tempo tarda Rascacheira en decatarse de que xa están as camelias de porcelana branca e Carnota en recoñecer as camelias de Pontevedra que ela non me enviou.¡Hala!

suaseiras dijo...

Non sei canto tardarán....pero son preciosas calquera delas.