POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 abr 2011

DOR ANIMAL / DOLOR ANIMAL

Nada máis cruel ca arrincar de golpe
os fillos todos a unha nai.
Nada máis triste ca vivir de cerca
as angustias maternas, os lamentos,
a súa desesperación, a busca inútil,
a inocencia da esperanza posta en min,
verdugo anónimo.


Que ninguén me xulgue.
Na vivencia desa dor
está a miña condena.
¡Pobre gatiña!.


recitado

Nada más cruel que arrancar de golpe
todos los hijos a una madre.

Nada más triste que vivir de cerca
las angustias maternas, los lamentos,
su desesperación, la inútil búsqueda,
la inocencia de la esperanza puesta en mí,
verdugo anónimo.

Que nadie me juzgue.
En la vivencia de su dolor
está mi condena.
¡Pobre gatita!

5 comentarios:

Edita Nogueira Tallón dijo...

Antes de que alguén me bote os cans, recordo que todo o que hai escrito neste blog é literatura, máis ou menos realista ou fantástica, pero simple literatura (ás veces simple de máis, seguramente).

suaseiras dijo...

Como a vida misma!!
Que fixeches?
Cala...que de verduga sudorosa fixen varias veces.
Igual che sale un haikus dos teos.
Presentas a Princesa?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Nada, nada, non fixen nada, só imaxinei e escribín. Literatura.
¿E como queres que presente a Princesa?

suaseiras dijo...

Non me refería concretamente ó tema dos gatiños.
Nós temos un sitio na casa, no que todos os anos uns paxariños fan un niño maxistral, e non pode ser, queda moi preto dos gatos e cando me despisto...xa ten oviños.
por iso me veu á cabeza, no caso dos paxariños tamén son nais e pais.
A gata da imaxe é Nube, non?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ahhhh. Parece que estou dura de entendedeiras ultimamente... Si, os paxariños tamén sentirán. Pero a natureza é moi sabia; e moi puñetera tamén... Si, a gata branca é Nube, que en paz descanse.