POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 abr. 2011

ENSALADA MIXTA

Carne e verdura:
agochado na folla
o caracol.

Carne y verdura:
escondido en una hoja
el caracol.

11 comentarios:

Rascacheira dijo...

Boísimo este haiku! Es a raíña da síntese, sempre cho dixen.

Madoé dijo...

Pois moi agradecida. A verdade é que me custou máis conseguir a imaxe co haiku. Humildemente, creo que este é dos poucos que se parecen a un haiku de verdade. Debe ser por iso polo que non está entre os meus fovoritos. :-)

suaseiras dijo...

E mais a lesma....!

nandina dijo...

Cuantas cosas nuevas!
Todas ellas bellas!
Hacia algún tiempo que no me pasaba por aquí.
Me gustaría preguntarte Madoé la dinámica de los Haikus,(si puede ser, es...curiosidad) soy una ignorante del tema, pero me encantan!!
Me pasa como a Suaseiras, por cierto, biquiños para ella, me alegro que la grelada fuera un éxito.

Madoé dijo...

Nandina, vai unha breve explicación sobre o haiku por unha ignorante no tema coma min.

En canto á forma:
-poema de 17 sílabas que soen ir repartidas en 3 versos (5-7-5)
-sen título
-sen rima
-substantivos abundantes e verbos escasos.
-non son obrigatorios os signos de puntuación

En canto ó contido:
-simple descrición do que está ocorrendo aquí e agora
-fotografía dun instante insignificante que se converte en transcendente
-trata, sobre todo, da natureza, das estacións, do clima…
-realidade puntual captada só polos sentidos, non polos sentimentos ou o razoamento do autor.
-sen metáforas nin personificacións

Exemplo de haiku (presuntamente)

Campo de flores.
A herba verde tapada
por margaridas.

Exemplos de NON haikus (certamente)

Campo de flores.
Margaridas fermosas
humillan á herba.

Campo de flores.
¡Xa pensei que non chegabas,
primavera!

Outro día falaremos dos tankas, por exemplo (5-7-5-7-7), bastante máis complicados.

nandina dijo...

Moi curioso!!
Realidade puntual captada polos sentidos, non polos sentimentos.
Agora entendo un pouquiiiño mais
os haikus.

Moitas grazas Madoé, pola explicación
preceptiva e polos haikus...non deixes de sorprendernos.

Madoé dijo...

De nada, de nada, é un pracer. Agora xa entenderás por que a maioría dos meus haikus á galega non son haikus. (Un segredo: fágoos así porque me gustan máis; cando se decate algún experto, ponme a caldo).

suaseiras dijo...

Anda, mira ti o tema dos haikus, algunha explicación tiñan, sin metáforas nin personificacións.
E ti, creando variantes de un estilo, ten o seo mérito, eh!?.

Grazas Nandina.

Madoé dijo...

Nandina prodígase pouco, pero non dá puntada sen fío...

Sinto levarche a contra, Suaseiras, pero non ten moito mérito. O mérito é de quen me "obrigou" a facer haikus, e como os verdadeiros non tiñan moito que ver co meu "estilo"..., leveinos ó meu terreo, así, pola cara...

suaseiras dijo...

Non quero sacarlle mérito a ninguén (por favor) pero, quen se tirou á piscina foches ti...ou!?.

Madoé dijo...

Máis ben, caín. Empurráronme...Menos mal que non estaba baleira de todo, e aí sigo, patuxando...