POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 abr. 2011

AMOR PROPIO

          “Voume. Un bo mozo coma min non pode tolerar que un intruso orgulloso veña  ocupar o lugar que me corresponde, sen recato ningún, ignorando a miña presenza e desacougo. Estiven a piques de defender o meu honor pelexando, coma macho que son. Pero acabei descartando esa opción porque, anque estou seguro da miña indiscutible superioridade, non podería soportar que un estraño, un rapaz inexperto, chegase a facerme a máis mínima rabuñada. Así que decidín que o mellor é dar media volta e desaparecer coa cabeza ben alta. ¡O que sobran son poliñas novas polo mundo adiante!”
          E marchou. Ata o curral veciño, onde as galiñas o recibiron coas ás abertas; e a dona, co coitelo  na man.




            “Me voy. Alguien tan buen mozo como yo no puede tolerar que un advenedizo orgulloso venga a ocupar el lugar que me corresponde, sin recato alguno, ignorando mi presencia y malestar. A punto estuve de defender mi honor peleándome, como macho que soy. Pero acabé descartando esa opción porque, aun seguro de mi indiscutible superioridad, no podría soportar que un intruso, un jovencito inexperto, me llegara a hacer el más mínimo rasguño. Así que he decidido que lo mejor es dar media vuelta y desaparecer con la cabeza bien alta. ¡Lo que sobran son pollitas por el mundo adelante!”
            Y se fue. Hasta el corral vecino, donde las gallinas lo recibieron con las alas abiertas; y la dueña, cuchillo en mano.

(Imaxe baixada de internet)

3 comentarios:

suaseiras dijo...

Autoestima na súa medida, ir de sobrado....

Rascacheira dijo...

Vaidade de vaidades!!!

nandina dijo...

A la guillotina pero...con garbo.
Bonito relata!!