POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
8 comentarios:
Pois deberías VOAR! As gaiolas, por moi bonitas que sexan, sempre son gaiolas.
Pois xa sabes: dame paus en vez de afagos... :-)
Non deixas de sorprenderme...!
¡Non me podías afagar mellor!
Mmmhhh...Sempre que te sintas coa liberdade de voar....!!
Alomenos non sentirei claustrofobia...
Encántame a gaiola. Non me extraña, polo tanto, que non queira saír.
Recoméndolle que faga pequenas escapadas, sen alonxarse moito, ao principio...
Nesas estamos, a ver, a ver... De momento, ando dando paseíños por aquí, ó meu aire...
Publicar un comentario