POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 nov. 2015

DEPENDENCIA


(Imaxe baixada de internet)



Volven ser invisibles as pegadas do teu desdén. Cada vez teño máis práctica camuflando a miña dor. Xa me podes disparar de novo con indiferenza ou desprezo, como queiras; o importante é que sexas feliz. ¿Ata cando te poderei enganar?





Vuelven a ser invisibles las huellas de tu desdén. Cada vez tengo más práctica camuflando mi desdicha. Ya puedes dispararme de nuevo con indiferencia o desprecio, como gustes; lo importante es que seas feliz.  ¿Hasta cuándo podré engañarte?
                                                                                                                                               

                                                                                                                                 Creado  para REC



3 comentarios:

Antonio Toribios dijo...

Un microrrelato que juega especialmente con lo no dicho. Toda una historia de amor en muy pocas palabras; las justas.

Laura dijo...

Me ha gustado la brevedad, la musicalidad y el tema elegido. ¡Bravo! ¡y en dos lenguas! un besazo.

Edita dijo...

Un millón de grazas ós dous, Antonio e Laura.