POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 oct 2015

FAME / HAMBRE


(Imaxe procedente de internet)





Non lle molestan os camións que cruzan a ponte sobre a súa cabeza, a corrente do río, ese can imbécil que non para de ladrar á lúa, o asubío do tren cruzando a estrada sen barreira... O ruído que lle impide durmir é o das súas tripas.









No le molestan los camiones que cruzan el puente sobre su cabeza, la corriente del río, ese perro imbécil que no para de ladrar a la luna, el pitido del tren cruzando la carretera sin barrera... El ruido que le impide dormir es el de sus tripas. 



No hay comentarios: