POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 oct 2015

DOUTRO PLANETA / DE OTRO PLANETA


(Imaxe baixada de internet)



A rutina diúrna é levadía: unha man estendida á porta da igrexa, sesta nun banco, visitas ao colector do supermercado... Mesmo soporta que o ignoren. A noite, en cambio, é moi dura. Non pola incomodidade dos cartóns ou a friaxe da madrugada, senón pola morriña infinita que lle producen as estrelas. O salitre das bágoas vai estragando os seus circuítos.







La rutina diurna es llevadera: una mano extendida a la puerta de la iglesia, siesta en un banco, visitas al contenedor del supermercado… Incluso soporta que lo ignoren. La noche, en cambio, es durísima. No por la incomodidad de los cartones o el relente de la madrugada, sino por la nostalgia infinita que le producen las estrellas. El salitre de las lágrimas destroza sus circuitos.

                                      
                            Seleccionado para o libro Inspiraciones Nocturnas II (DIVERSIDAD LITERARIA)


No hay comentarios: