POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 nov. 2015

UVAS ÓS COGOMELOS / UVAS A LAS SETAS


A forza de proporcionarlles pequenas doses, convertín a dúas amigas en adictas ó monte. O seguinte foi crear un club micolóxico de tres compoñentes, con estatutos, equipo directivo e grupo de Whatsapp incluídos. A tempada resultou xenerosa: novos enclaves, experimentos culinarios, molladuras gloriosas e cestos de risas. Non esqueceremos o autorretrato da última 
saída do ano, coas copas de cava, as uvas e o mantel sobre a follaxe, unha ocorrente sorpresa da tesoureira. Entre bromas, chegou a noite; antes de que o medo nos pillase, fuximos, esquecendo no bosque a recolección de toda unha tarde.




A fuerza de proporcionarles pequeñas dosis, convertí a dos amigas en adictas al monte. Lo siguiente fue crear un club micológico de tres componentes, con estatutos, equipo directivo y grupo de Whatsapp incluidos. La temporada resultó generosa: nuevos setales, experimentos culinarios, mojaduras gloriosas y cestos de risas. No olvidaremos el autorretrato de la última salida del año, con las copas de cava, las uvas y el mantel sobre la hojarasca, una ocurrente sorpresa de la tesorera. Entre bromas, llegó la noche; antes de que el miedo nos pillara, escapamos, olvidando en el bosque la recolección de toda una tarde.




2 comentarios:

suaseiras dijo...

Hahahaha Que tempos!!!

Edita dijo...

Qué ilusión!! Outra vez por aquí. :-)