POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 nov 2015

¡LEME! / ¡LÉEME!



Non quero ser un libro 
(imaxe procedente de internet)

aberto eternamente 
pola primeira páxina 
esperando que me leas 
os beizos, os pensamentos, 
que te acendan as palabras, 
que interpretes os silencios. 
Se non che gusta o argumento, 
pechareime para sempre. 





No quiero ser un libro 
abierto eternamente 
por la primera página 
esperando que me leas 
los labios, los pensamientos, 
que te enciendan las palabras, 
que interpretes los silencios. 
Si no entiendes mi argumento, 
me cerraré para siempre. 



Seleccionado no concurso LIBRIPEDIA


No hay comentarios: