POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 nov 2015

SALVADOS POLA XIMNASIA / SALVADOS POR LA GIMNASIA








Vólvenos deixar debaixo das súas camas despois de camiñar con eles polo bosque durante boa parte da noite. Non atoparon a David, pero si a súa casiña de tellado vermello con pintas brancas. Outro día seguirano intentando. Menos mal que mañá toca Educación Física e non terán que levar os zapatos, así mamá non os verá todos cheos de lama.






Vuelven a dejarlos debajo de sus camas después de haber caminado con ellos por el bosque durante buena parte de la noche. No han encontrado a David, pero sí su casita de tejado rojo con pintas blancas. Otro día lo seguirán intentando. Menos mal que mañana toca Educación Física y no tendrán que llevar los zapatos, así mamá no los verá todos manchados de barro. 

                                                                                                                                                       Creado  para REC

No hay comentarios: