POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 nov 2015

CUESTIÓN DE PRIORIDADES


—Como tardou tanto en vir, señora?

—Tiña que limpar. ¡Non vexa como puxen a casa! Se a deixo secar, despois é imposi...?

A anestesia impediulle seguir falando e o doutor comezou a extraerlle o garfo cravado no ventre. 


(Imaxe procedente de internet)

—¿Cómo ha tardado tanto en venir, señora?

—Tenía que limpiar. ¡No vea como puse la casa! Si la dejo secar, luego es imposi…

La anestesia le impidió seguir hablando y el doctor comenzó a extraerle el tenedor clavado en el vientre. 




No hay comentarios: