POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 ago. 2011

PROHIBIDO SOÑAR


(Imaxe baixada de internet, editada)

Estrañoume o silencio absoluto. Non oía a ducha de miña nai, nin os xogos do meu irmán pequeno, nin o gato, nin a tose de papá... Asusteime moito e peguei un berro tremendo. Entón si que houbo estrondo: acababa de espertar, unha noite máis, á casa enteira.
Desde aquela, teño prohibido soñar.




          Me extrañó el silencio absoluto. No oía a mi madre en la ducha, ni los juegos de mi hermano pequeño, ni el gato, ni la tos de papá... Me asusté mucho y di un grito tremendo. Entonces sí que hubo estruendo: acababa de despertar, una noche más, a todo el mundo.
          Ahora tengo prohibido soñar.

6 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Póbrecita!, la pesadilla de estar sola en el mundo indica cómo se sentía íntimamente. Necesitaba gritar para hacerse notar y encima se lo prohíben... Bueno, interpretación de paiquiatra, je, je.

Madoé dijo...

Supoño que o de "paiquiatra" será un baile a/s (como están pegadas...). Pero ó principio pensei que sería adrede e fíxome moita gracia. :-)(en galego, pai= padre)

Eutimos dijo...

Pues si, fue un error, pero desde luego Freud le sacaría mucha punta a este acto fallido tan curioso con el cambio de lengua.

suaseiras dijo...

Que dis!!
E non volveu a soñar...!?
Anda..., que se mandaramos nos soños...Podemos mandar nos soños, nos nosos soños??

Benvida, Eutimos, moi valente, non turres(dar con la cabeza) de máis co noso idioma. Os meus parabéns!!

Madoé dijo...

Suaseiras, vouche contestar coma ós nenos pequenos : é de mentira, é un conto :-)

suaseiras dijo...

Xa, si fora un conto....