POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 ago. 2011

AMENCER / AMANECER

(Imaxe baixada de internet)



Xa vén o día
sen recato ningún
ata o meu cuarto.



Ya viene el día,
Perico por su casa,
hasta mi alcoba.

6 comentarios:

Eutimos dijo...

Me gusta más la traducción más directa de "sin recato ninguno", creo que la palabra recato es preciosa y muy sugerente.
La imagen que has puesto me hechiza, voy a imprimirla a ver si puedo pintarla.

Madoé dijo...

Vaia... Pois puxen "sen recato ningún" porque a expresión "Perico por su casa" (que era a expresión que quería poñer) en galego tiña sílabas de máis. Ademais as frases feitas cando cambian de idioma, perden moito.
A min tamén me encanta a imaxe.

Eutimos dijo...

Lo de "Perico por su casa" queda muy coloquial realmente, muy adecuado si tratas de dar una sensación del "descaro" con el que se introduce el amanecer en tu cuarto

Madoé dijo...

Si, exactamente iso era o que intentaba reflexar.

suaseiras dijo...

Iso se non temos contras, que tapan todo.
Si que é chula a imaxe.

Madoé dijo...

Pois si, as contras tapan todo, ata o paso do día...