POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 ago. 2011

SE OS PAXAROS FALASEN.../SI LOS PÁJAROS HABLARAN...


A calor da tarde tomboume medio espida debaixo da figueira. Algúns raios ousados coáronse entre as follas para bicarme a pel e facerme pechar os ollos. Pouco a pouco, envolta en rechouchíos e fantasías, quedei durmida.

Espertoume unha lingua coñecida rubindo polos meus pés. Coma unha estatua, sen mover nin as pálpebras, deixeime invadir. E seguiu avanzando. E sentía as cóxegas do bigote nas inguas e as uñas contidas nos peitos. E outra vez a lingua. E descendía o seu peso polo meu ventre, e elevábame eu cara ás nubes...

Un paxaro inoportuno distraeuna e interrompeu o meu voo. Tiven que rematar á man o que a gata deixara a medias.






          El calor de la tarde me tumbó medio desnuda bajo la higuera. Algunos rayos osados se colaron entre las hojas para besarme la piel y hacerme cerrar los ojos. Poco a poco, envuelta en trinos y ensoñaciones, me quedé dormida.
          Me despertó una lengua conocida trepando por mis pies. Como una estatua, sin mover los párpados siquiera, me dejé invadir. Y siguió avanzando. Y sentía las cosquillas del bigote en las ingles, y las uñas contenidas en los pechos. Y otra vez la lengua. Y descendía su peso por mi vientre, y me elevaba yo hacia las nubes…
          Un pájaro inoportuno atrajo su atención e interrumpió mi vuelo. Tuve que rematar a mano lo que la gata había dejado a medias.

6 comentarios:

Madoé dijo...

Antes de que ninguén se me escandalice, fago saber que este textiño tan "quente" foi feito para un concurso, que tiña como tema obrigado o erotismo. Ou sexa, todo mentira...

Ah, por certo, nin tan sequera conseguín premio de consolación.

Eutimos dijo...

Pues es muy divertido. Creo que el erotismo y el humor son muy buenos ingredientes para un verano feliz.

suaseiras dijo...

Disimula...ti disimula.

Madoé dijo...

Ja ja ja ja... (estou disimulando).

Rascacheira dijo...

Xa o lera pero non o recordaba e cando o lin desta volta pensei: meu deus, algún pincante di??? Jejeje...

Madoé dijo...

Desta vez, fóiseme a man, non? :-)