POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 ago. 2011

VERÁN TÓRRIDO / VERANO TÓRRIDO


(Imaxe baixada de internet)
Dentro da flor
a bolboreta espida.
Fóra, o inferno.




Entre las flores
mariposas desnudas.
Afuera infierno.

12 comentarios:

Eutimos dijo...

Estos Haikus tienen la levedad y la belleza de las "bolboretas". Son encantadores

Madoé dijo...

Voume repetir: encántame que che gusten.

suaseiras dijo...

Non cacho este...

Madoé dijo...

Pois a culpa é do poema. Por iso digo que non son verdadeiros haikus, porque tiñan que ser transparentes, coma se os escribise un neno, case. Pero como a min me gusta darlles voltas ás cousas...
Déixome de voltas e explico: é verán, vai tanta calor que parece o inferno, e a bolboretiña toda pancha sen roupa protexida pola flor.

En realidade, a versión orixinal e preferida por outra comentarista deste blog era:

Dentro da flor
a bolboreta espida.
Fóra, o inverno.

Pensándoo ben, neste verán cadraba mellor así. Se me animades, aínda o cámbioo.

Rascacheira dijo...

Non se publicou o comentario, así que repito, aínda que non o recordo totalmente... Dicía que antes de ler o comentario madoetiano estaba eu xustamente a pensar que moito mellor FóRA O INVERNO có inferno!!! E zas! A propia autora corrixiuno... onde vas parar??? moito mellor sen dúbida... xa ves que co INFERNO non se entende... jejeje... claro que como es o demo... :-)

Madoé dijo...

Jajaja... Pois con outro que o pida, xa sodes maioría e cámbioo a toda máquina.

(Non sei de que comentario non publicado falas, aquí non chegou).

Eutimos dijo...

Aquí en mi tierra, en este mes de agosto, no quedaba tan extraño lo del infierno, a mi no me chocó.

Madoé dijo...

¡Que ben! Isto ponse interesante: 2 a 1. A ver, Suaseiras, maniféstate, ¿inverno ou inferno?.

Eutimos, vexo que xa vas entendendo sen tradución. ¡Estupendo!

(Acabo de ver un erro no penúltimo comentario meu e agora non podo corrixilo sen eliminalo. ¡Que vergonza! Ó dereito da cama, non se pode escribir).

suaseiras dijo...

Sigue sin encaixarme...
Para min, as bolboretas sempre están vestidas, e moi vestidas!!

E tampouco vin bolboretas no inverno, igual están metidas nas flores, pero...Tampouco hai flores no inverno.
En fin...
Si pensamos,nun día de bran achicharrante, e a bolboreta espida ou vestida, protexida na flor...Case que lle pega o inferno.

Pero si penso, nun día gris, frío e chovendo....

Madoé dijo...

Pois si que me arreglaches a vida... :-) A ver se vai ser que non pega de ningunha das dúas maneiras... De momento, ata que haxa máis opinións segue así. ¡Non! Acaba de ocurrírseme unha idea: un mes dunha maneira, e outro doutra. En agosto, inferno; en setembro, inverno. Hala.
(Fixádevos no novo título)

Eutimos dijo...

La mariposa está tal y como es, con sus colores refrescándose en el cáliz de la flor mientras fuera el sol del verano quema.
Como dice Susaeiras ¡en invierno no hay mariposas ni flores!

Y, si, al final aprenderé algo de vuestra lengua, para enterarme.

Madoé dijo...

¡Que ben, pero que ben!