POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 ago 2011

TERAPIA DE GRUPO

 

(Imaxe baixada de internet)



Estaba enfermo de soidade. O psiquiatra receitoulle frecuentar lugares concorridos. E curou: aprendeu a vivir só entre moita xente soa.






Estaba enfermo de soledad. El psiquiatra le recetó frecuentar lugares concurridos. Y se curó: aprendió a vivir solo entre mucha gente sola.

9 comentarios:

Eutimos dijo...

Quizás mucha gente, actualmente, ha seguido esa terapia.

suaseiras dijo...

Medo me da tanta soidade...
Medo me dan estas terapias...
Que medo de imaxe!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Non o collerías ó pé da letra, ou...?

Eutimos dijo...

La imagen es muy angustiante, está muy bien elegida. Y comparto el sentido en cuanto que en los lugares concurridos es donde más soledad existe, no hay si no mirar los macroconciertos de verano, a mi, personalmente, me aterran.
¡Y yo no recetaría esa terapia!...pero hay quien lo hace,:-(

Edita Nogueira Tallón dijo...

Eu tampouco son partidaria desa terapia :-), só estaba xogando a escribir... (¡Ah! Este minitexto non é actual.)

Rascacheira dijo...

Pois a min a soidade paréceme que se nota moito máis nunha cidade, nun edificio de pisos onde non se coñece a ninguén e onde ninguén se saúda...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Claro, por iso o psiquiatra non lle receitou frecuentar un edificio de pisos :-) Se cadra estaba só precisamente por vivir nun sitio deses... (¿Nótase moito que estou sacando da manga este razoamento?)

suaseiras dijo...

Jajaja....

Rascacheira dijo...

Jejeje...