POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 sept 2011

ESCURIDADE / OSCURIDAD



(Imaxe baixada de internet)



Na noite escura
brillan estrelas brancas
por compaixón.
Busco na miña noite
esmola envolta en luz.





Entre tinieblas 
brillan estrellas blancas
por compasión.
Busco en mi noche oscura
limosna envuelta en luz.

16 comentarios:

Eutimos dijo...

Reminiscencia de poesía mística española, tan hermosa.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ah! Pois é unha sorpresa. Eu intentaba facer algo parecido a un tanka xaponés, á galega, claro...

Eutimos dijo...

La verdad es que no conozco la poesía japonesa, me recordó la "noche oscura del alma" de San Juan de la Cruz.

Edita Nogueira Tallón dijo...

A verdade é que eu tampouco, pero como a ignorancia é moi atrevida... Empuxada por unha amiga á que lle gusta moito esta literatura oriental e botándolle moita cara, levei a forma destes poemas breves ó meu terreo e aí está o resultado: un vicio inofensivo.

Eutimos dijo...

Y muy creativo

nandina dijo...

E moi ilustrativo.

bicos a todos e a todas!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Nandina, benvida de novo a este mundo! ¿Que foi da túa vida?

nandina dijo...

Estiven traballando...!!Non de vacacións como decia..., suaseiras...,creo.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non lle fagas moito caso a suaseiras, ¡que saberá ela! :-)

suaseiras dijo...

Nandina, si foras mestra, empezarias agora a traballar...,un pouco (20h.semanais, por aquelo de...)
Logo polo nadal, outra vez de vacacións, e asi, durante un curso, que pasa veloz (sobre todo para os pais)...e outra vez de vacacións!!

Non fagas caso, o mellor , ser política...nin 20h. de traballo nin nada, é mais, que si te equivocas é porque tes boca. Vacacións ben pagadas ata aburrirse de aburrimiento...eso si, en campaña terias que traballar (berrear)un pouquiño.
...Espera, que si aguantas 6 ou 7 aniños, paga PA toda a vida.
Que!?
O que di Madoé, NA NOITE ESCURA
BRILAN ESTRELAS.
Bicos nandina.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que profunda se pón Suaseiras! Tanto que o do PA eu non o pillo...

suaseiras dijo...

Jopelines, PA (PARA)

Profunda dis!?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pa toda a vida... Agora pillo. É que a política mais eu...

nandina dijo...

Mas que profunda, estabas irónonica!!

Suaseiras querida, yo quería ser astronauta, mucho me reiría de los contratiempos terrenales que estamos viviendo, incluso lloraría.

El haikus de Madoeé, viene al pelo.

Ahí estamos....En la emoción.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Astronauta! Case nada... Eres muller de "altos vuelos", polo que se ve... :-)

Tes razón, era ironía. Pero a retranca ás veces serve de perfecto instrumento para profundizar.

suaseiras dijo...

Astronauta!?
Está moi ben pagada, ou estaba (seica).

Xa sei que somos un punto microscópico no universo...eh?