POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 sept. 2011

EDITIÑO 2

O caos organizado
esgalla polas xuntas
esparexendo inquedanza.
Non intentes comprendelo,
caos é.
Pecha os ollos e tira.


Pintura de Franz Marc, Tyrol (Internet)




El caos organizado
se rasga por las juntas
esparciendo la inquietud.
No pretendas comprenderlo,
caos es.
Cierra los ojos y anda.

8 comentarios:

Eutimos dijo...

Otro de tus estupendos textos exstencialistas, ¡qué habilidad tienes para transmitir el desasosiego y la angustia! El caos organizado es uno de los conceptos más inquietantes.

Madoé dijo...

¡Que ben lle sabes espremer o zume! Revalorízalo.

Eutimos dijo...

Una pregunta: ¿qué significa editiño?, en el traductor de Google no viene, :-(((

Madoé dijo...

:-) É unha palabra inventada.

Rascacheira dijo...

Encantoume a imaxe que lle puxeches a este poemiña tan desacougante para min.

Madoé dijo...

Menos mal... :-)

suaseiras dijo...

Perdinme o EDITIÑO 1?

Madoé dijo...

Perderías... Está unha ducia de entradas máis abaixo.