![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Primeiro pareceulle a pel de muller máis suave do mundo. Despois comprobou que era un potente imán. O seu polo sur detectárao e tomaba dirección norte. Non había luz, pero as súas mans, con vida propia, guiábano por infindas curvas provocándolle unha agradable sensación de mareo. Sentiu sede e saciouna no manancial duns labios prohibidos. Quería quedar alí para sempre, pero o final acercábase e non podía evitalo. Espertou de súpeto, ampeando, mollado… Ó seu carón, coma sempre, a súa esposa roncaba. Gustaríalle seguir soñando.
Primero le pareció la piel de mujer más suave del mundo. Después comprobó que era un potente imán. Su polo sur lo había detectado y tomaba dirección norte. No había luz, pero sus manos, con vida propia, lo guiaban por infinitas curvas provocándole una agradable sensación de mareo. Sintió sed y la sació en el manantial de unos labios prohibidos. Querría quedarse allí para siempre, pero el final se acercaba y no podía evitarlo. Se despertó de cuajo, jadeante, sudoroso, mojado…A su lado, como siempre, su esposa roncaba. Le gustaría seguir soñando.
16 comentarios:
Seguro que su esposa estaba soñando en un apuesto caballero bien alejado del calvo barrigón que dormía a su lado cada noche. ¡Cosas de los sueños!
Seguramente, pero como dicía Calderón...
"que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son".
Por curiosidade, este texto en galego fai uns dias estaba mal, ou soñeino??
Por certo, non podemos mandar nos soños...non?
¿? ¿Mal, en que sentido? ¿Non sería que miraches tempo de máis para a imaxe e vías un pouco borroso? :-)
Non, non podemos mandar nos soños... E ... MENOS MAL!!! NON??
Pois non sei que che diga... Por un lado, mellor así, para iso son soños; pero, por outro, ás veces quen che dera poder evitar ou repetir algún.
A imaxe non esta mal, que si,que mirei!!, pero o primeiro día que o lin, non se entendian moitas palabras. Era moi tarde...igual o soñei.
Pois eu creo que algo si podemos mandar nos soños...nos bos e nos malos.
¿Refíreste ós soños de día?
jajajaja...., se durmes de día....
Ahhh! Ou sexa, que xa podes ir cantando como se poden controlar os soños cando dormes, pícame a curiosidade. Ou o interés. Esta noite, sen ir máis lonxe, encantaríame coñecer esa técnica máxica para non rabiar o que rabiei porque non lle puiden prestar uns pouquiños cartos a meu irmán (coñécelo :-) ) porque me desaparecera a carteira e non a dei atopado. ¡Que mal o pasei!
Ves, como se pode mandar algo nos soños!!
A técnica de pasalo ben ou mal, xa...non sei.
Me lo explique... ¿Como que se pode mandar? Eu non mandei nada, soñei o que me mandou o inconsciente.
Me parece que vou discrepar: Ti mandácheslle ó inconsciente o que debía soñar. Dalgún xeito ti matinabas nunha idea que lle chegou ó inconsciente algo deformada. ¡Sabe Deus que atrancos atopou no camño! ¡Pobres ideas! Son tan fluídas...Se pensaras en algo máis sólido, seguro que chegaba intacta.
¿En algo máis sólido cás ideas? ¿En cemento armado, por exemplo? ¡Ai que lío! Non entendo papa. :-) Me parece que vou facer como a nena do conto: desde hoxe, pohíbome soñar. Hala.
Repasa o concepto de sólido de física. Ten algo que ver con forma fixa...
Si, pero tamén con estas outras acepcións: resistente, firme, duro,... ¿Sigo? :-)
Publicar un comentario