POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 sept 2011

TRISTE REALIDADE / TRISTE REALIDAD

(Imaxe baixada de internet)


Primeiro pareceulle  a pel  de muller máis suave do mundo. Despois comprobou que era un potente imán. O seu polo sur detectárao e tomaba dirección norte. Non había luz, pero as súas mans, con vida propia, guiábano por infindas curvas provocándolle unha agradable sensación de mareo. Sentiu sede e saciouna no manancial duns labios prohibidos. Quería quedar alí para sempre, pero o final acercábase e non podía evitalo. Espertou de súpeto, ampeando, mollado… Ó seu carón, coma sempre, a súa esposa roncaba. Gustaríalle seguir soñando.





Primero le pareció la piel de mujer más suave del mundo. Después comprobó que era un potente imán. Su polo sur lo había detectado y tomaba dirección norte. No había luz, pero sus manos, con vida propia, lo guiaban por infinitas curvas provocándole una agradable sensación de mareo. Sintió sed y la sació en el manantial de unos labios prohibidos. Querría quedarse allí para siempre, pero el final se acercaba y no podía evitarlo. Se despertó de cuajo, jadeante, sudoroso, mojado…A su lado, como siempre, su esposa roncaba. Le gustaría seguir soñando.

16 comentarios:

Eutimos dijo...

Seguro que su esposa estaba soñando en un apuesto caballero bien alejado del calvo barrigón que dormía a su lado cada noche. ¡Cosas de los sueños!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Seguramente, pero como dicía Calderón...
"que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son".

suaseiras dijo...

Por curiosidade, este texto en galego fai uns dias estaba mal, ou soñeino??

Por certo, non podemos mandar nos soños...non?

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿? ¿Mal, en que sentido? ¿Non sería que miraches tempo de máis para a imaxe e vías un pouco borroso? :-)

Rascacheira dijo...

Non, non podemos mandar nos soños... E ... MENOS MAL!!! NON??

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois non sei que che diga... Por un lado, mellor así, para iso son soños; pero, por outro, ás veces quen che dera poder evitar ou repetir algún.

suaseiras dijo...

A imaxe non esta mal, que si,que mirei!!, pero o primeiro día que o lin, non se entendian moitas palabras. Era moi tarde...igual o soñei.

Pois eu creo que algo si podemos mandar nos soños...nos bos e nos malos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Refíreste ós soños de día?

suaseiras dijo...

jajajaja...., se durmes de día....

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ahhh! Ou sexa, que xa podes ir cantando como se poden controlar os soños cando dormes, pícame a curiosidade. Ou o interés. Esta noite, sen ir máis lonxe, encantaríame coñecer esa técnica máxica para non rabiar o que rabiei porque non lle puiden prestar uns pouquiños cartos a meu irmán (coñécelo :-) ) porque me desaparecera a carteira e non a dei atopado. ¡Que mal o pasei!

suaseiras dijo...

Ves, como se pode mandar algo nos soños!!
A técnica de pasalo ben ou mal, xa...non sei.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Me lo explique... ¿Como que se pode mandar? Eu non mandei nada, soñei o que me mandou o inconsciente.

carnota dijo...

Me parece que vou discrepar: Ti mandácheslle ó inconsciente o que debía soñar. Dalgún xeito ti matinabas nunha idea que lle chegou ó inconsciente algo deformada. ¡Sabe Deus que atrancos atopou no camño! ¡Pobres ideas! Son tan fluídas...Se pensaras en algo máis sólido, seguro que chegaba intacta.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿En algo máis sólido cás ideas? ¿En cemento armado, por exemplo? ¡Ai que lío! Non entendo papa. :-) Me parece que vou facer como a nena do conto: desde hoxe, pohíbome soñar. Hala.

Anónimo dijo...

Repasa o concepto de sólido de física. Ten algo que ver con forma fixa...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, pero tamén con estas outras acepcións: resistente, firme, duro,... ¿Sigo? :-)