POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 mar 2011

TI / TÚ

                                                                                                            recitado
Non é preciso ter ás para voar
nin voar para tocar as nubes.
Nada mellor ca inxección en vea
de sobredose de palabra amiga.
(Imaxe baixada de internet)
Nada mellor ca inhalación profunda
de aire fresco de sorriso alleo.
Non é preciso coñecer para saber
nin saber se me coñeces para dar.         




No hacen falta las alas para volar
ni volar para tocar las nubes.
Nada mejor que inyección en vena
de sobredosis de palabra amiga.
Nada mejor que inhalación profunda
de aire fresco de sonrisa ajena.
No hace falta conocer para saber
ni saber si me conoces para dar.

4 comentarios:

suaseiras dijo...

Hai que adiviñar algo oculto...?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non. Ou si, depende... Ti é alguén en concreto que xa ela sabe quen é. Pero ti tamén podes ser ti, ou ti, ou tamén ti...

Rascacheira dijo...

Por se TI tamén son eu... grazas de novo!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, ti tamén es TI. De nada. :-)