POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 mar 2011

REENCARNACIÓN

           Máis ca prudente, sixilosa. Vive arrastrada mendigando esmola de aloumiños e comprensión; apégase ó chan como a unha balsa no océano buscando a salvación que nunca chega; sente frío crónico que só contrarresta co antídoto da calor allea, sempre escasa e fuxidía; quéixase a diario de vellas e novas dores, que a fan aletargar por veces; ataca envelenada a quen se cruce no seu camiño...
           Vendería a alma ó diaño por entender o que lle pasa, ignorante da súa verdadeira identidade: pel de muller sobre interior de serpe negra.


(Imaxe obtida modificando a orixinal baixada de internet, de Álvarez Debans)

                Más que prudente, sigilosa. Vive arrastrada mendigando limosna de caricias y comprensión; se pega al suelo como a una balsa en el océano buscando la salvación que nunca llega; siente frío crónico que sólo contrarresta con antídoto de calor ajeno, siempre huidizo y escaso; se queja a diario de viejos y nuevos dolores, que la hacen aletargar a veces; ataca envenenada a quien se cruce en su camino…
           Vendería el alma al diablo por comprender lo que le pasa, ignorante de su verdadera identidad: piel de mujer sobre interior de serpiente negra.


11 comentarios:

Rascacheira dijo...

Que muller-serpe tan fea!
Xa o sabes... pero ti ... erre que erre!!! Que paciencia me cómpre!!!
:-)

Rascacheira dijo...

Xa levaba algún tempiño sen pasarme por aquí e vexo que isto vai vento en popa. Encantoume o recitado da fermosa escola de cores. No noso cole, sen ir máis lonxe, recordo unha imaxe totalmente multicultural do día do festival de Nadal que se fixo na casa da cultura. Era unha foto preciosa.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Pero que vai ser fea! ¿Fixácheste no colorido? ¿E nos ollos? ¿E na fermosa serpe negra interior que asoma pola boca?
¿En que quedamos, non dicías que che encantan as estampas "multicolores"? :-)

suaseiras dijo...

Por favor Madoé....mmhhh!
Non sei como explicar ....
Sinto que se fai insoportable.
(queda en reflexión, joder!!)

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿A tipa do retrato ou a retratada no texto? :-)

suaseiras dijo...

De todo o que levo lido do blog, sin dúbida, a REENCARNACIÓN foi a que mais me impresionou.

...Creo que se me puseron todos os pelos de punta!!
Sabes transmitir, IMPRESIONANTE!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Bueeeeeno, pois xa somos dúas, Suaseiras, porque ti soubéchesme transmitir os teus sentimentos estupendamente; se non fose este frío de cobra que me mata, estaría chorando coa emoción... :-)

Rascacheira, recibe os parabéns que che corresponden. Ti xa me entendes.

Rascacheira dijo...

Os parabéns son só para ti, eu o único que fago é "pinchar", jejee...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pero pinchas tan ben...e tes tanta puntería...:-)

Eutimos dijo...

A mi me ha hecho pensar en ciertas mujeres que al ir envejeciendo sin haber logrado inspirar amor destilan veneno para vengarse de todos a los que consideran responsable de su soledad

Edita Nogueira Tallón dijo...

É unha posible lectura...