POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 mar 2011

PREDESTINADO

        De rapaz, seu pai levábao a navegar para que fose aprendendo o oficio, coma tódolos homes da familia. Pero Roque amaba tanto os animais, que non daba soportado a loita agonizante dos pobres peixes na rede. E decidiu que non sería pescador. O malo era que levaba o mar gravado nos xenes...
        De grande, atopou a solución: fíxose pirata.

(Imaxe baixada de internet)

        De niño, su padre lo llevaba a navegar para que fuese aprendiendo el oficio, como todos los hombres de la familia. Pero Roque amaba tanto a los animales, que no podía soportar la lucha agonizante de los pobres peces en la red. Y decidió que no sería pescador. Lo malo era que llevaba el mar grabado en los genes...
        De mayor, encontró la solución: se hizo pirata.

8 comentarios:

suaseiras dijo...

Jajajaja...Grandes REMEDIOS!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa se sabe, a grandes males... :-)

Rascacheira dijo...

Este textiño encántame! Gústame moito máis que Roque sexa pirata que pescador... mira ti!
Non vai haber lectura???

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ostras! (Por non xurar, que queda pouco fino...) Ou sexa, que che dan máis pena os peixes cás persoas... Medo me das, calquera día pégasme un bocado... :-)

¿E logo non liches? Pois deberías :-) Bueeeno, xa veremos, pensareino...

carnota dijo...

¡Que pirata! Non quería ver morrer os pobres peixes...! Iso non o cre ninguén. Gustáballe o mar e era algo preguiceiro para traballar tódolos días. Así que encontrou a profesión perfecta. ¡Que sorte!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Como non? Hai quen lle quere máis ó seu can ou ó seu coche cá familia, poñamos por caso... :-)

Rascacheira dijo...

A ver... que os piratas moitas veces eran como Robin Hood (non sei se se escribe así...)... e iso de ter aventuras mariñas debía ser moi interesante!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Hala, hala... Que o meu pirata era dos de verdade, dos malos, de parche e pata de pau. Non mo pintes de cores que non coa...